EN ALMA PINTA
A voz Camilo chégame coas maus
da terra en colo submetida sempre
nas orixes, onde o río pronúncia
coiro mangallona bouzós tal mar
de pan que ferve e canta e tenta a Luz
do pintor que xa dorme a pé de moa
dende neno tan listo e luminoso
en arte de non ser xamais escuezo
na memoria dos seus que somos todos.
Velaí a obra como a labra de ourive
mar levado, periplo de mornura
incesante dunha mau que recrea
as orixe e é denuncia no espacio
que cabe nun colo de grito, alen
do océano: Muller
preta da infancia e adul(tez) hermosas
e mancadas por tempo inacabado
da impaciencia. Aquí están as outras cores
do soño gabeando polas naos
de ver terra firme e ancha, libre e eterna, xa.
Comentarios recientes